[imc-galiza]Proposta Nunca Máis

Lars Gonçalves Strafwetboek strafwetboek at hacklab.casaencantada.org
Sat Oct 25 00:49:59 PDT 2003


Supoño que tod at s estaremos ao tanto do comentario publicado por dos 
colaboradores do noso IMC no resto de IMC do noso entorno e que está a
provocar certa discusión en cada un deles. Ver:

http://barcelona.indymedia.org/newswire/display/57515/index.php
http://euskalherria.indymedia.org/eu/2003/10/10283.shtml
http://madiaq.indymedia.org/news/2003/10/1431.php
http://portugal.indymedia.org/ler.php?numero=27632&cidade=1


Chegados a este punto, compre diferenciar entre o movemento "Nunca Máis" e
a "Plataforma Nunca Máis".

"Nunca Máis" somos os colectivos e personas que nos adherimos ao
"Manifesto Nunca Máis" leído na Praza do Obradoiro por Manuel Rivas o día
1 de decembro de 2002. Nunca Máis somos os mariñeiros, as mariscadoras, o
voluntariado, os  que nos manifestamos na rúa, nas webs, nos billetes, nas
escolas... A nosa adhesión maniféstase no día a día das nosas vidas,
continuará mentres o pecio siga afundido, medrará mentres non se poña
remedio á catástrofe que aconteceu e sobre todo mentres non se preveñan as
causas que podería provocar outra catástrofe no futuro.

A "Plataforma Nunca Máis" é un deses moitos colectivos. A súa aportación a
este movemento é innegabel e valuábel, como tamén o é a aportación da Casa
Encantada, a de Area Negra, diversas confrarías e agrupacións de
productores, transformadores ou distribuidores de peixe e marisco,
diversos grupos ecoloxistas, xente da arte coma BerroBambán, chapapote.org
ou a Plataforma Contra a Burla Negra... algúns están na Plataforma Nunca
Máis, outros non. Pero todas e todos formamos parte de Nunca Máis, todos
somos Nunca Máis.

O IMC Galiza xurdiu como resposta ás necesidades comunicativas non
resoltas do noso país que se agudizaron durante a crise do Prestige e que
aparecen reflexadas no párrafo final do manifesto:

"Pois ben. Hoxe dicimos: NUNCA MÁIS. Que non se desprecie máis este S.O.S
dun pobo canso de aturar e sufrir. Que se escoite en Santiago, Madrid e
Bruxelas. Que se escoite onde se teña que escoitar."

, o que tamén queda patente nos dous primeiros puntos da nosa Declaración
de Princípios. Non nos resulta posibel formar parte da Plataforma por
varios motivos que contraveñen esa mesma Declaración de Principios ou que
entrarían en conflicto cos Criterios de Filiación á Rede Indymedia xa que
a "Plataforma Nunca Máis":

- Non inclui un proceso aberto aliñado cunha política de decisións por
consenso.- Utiliza software propietario e formatos patentados.
- Toma parte dun emprendimento comercial que publicita.
- Non facilita ferramenta algunha que permita a publicación aberta de
contidos ou comentarios.

Dende o inicio das nosas actividades nese mesmo inverno mantivemos unha
posición de claro apoio ás distintas iniciativas concordantes coas
demandas plantexadas no manifesto, con independencia da filiación política
ou da natureza da persona ou colectivo que as convocara: incluídas as que
proviñan da Plataforma. Ademais de manter a porta aberta, dende o IMC
leváronse a cabo algunhas iniciativas entre as que se destacan as que
siguen:

* Debido ao dous feitos que tiveron como protagonista á Casa Encantada
(ver http://casaencantada.org/chapapote e
http://burlanegra.vieiros.com/foro/read.php?f=2&i=6550&t=6550&lang=gal )
facíase necesario aportar elementos que permitiran diferenciar a Nunca
Máis da Plataforma. Por esto a primeira acción do IMC consistiu en
adherirnos á campaña de incorporar a bandeira de Nunca Máis na portada,
pero vencellándoa á páxina http://causaencantada.org/iris/ na que Iris,
integrante da Casa Encantada, chamaba a atención sobre o excesivo papel de
representación que estaba a levar a cabo a Plataforma.

* No IMC estamos sensibilizados ante os usos abusivos da tecnoloxía, pois
somos conscientes dos seus efectos no meio ambiente. Por este motivo a
seguinte iniciativa consistiu en comezar a distribución da bandeira Nunca
Máis baixo licéncia FDL e en formato Portable Network Graphics libre de
patentes para chamar a atención sobre a decisión da Plataforma de
vincularse a unha solución de comunicacións para a súa web baseadas en
software proprietario.

* A convocatoria da Plataforma para acudir a Bruxelas foi secundada dende
o IMC de dous xeitos:- vencellando a bandeira Nunca Máis coa web http://nuncamais-europa.org/
que naquel momento non se atopaba aínda integrada na Plataforma.- promovendo a través da rede Indymedia o chamamento internacional
colaborativo "Prestige Oill Spill: Nunca Máis"
(http://galiza.indymedia.org/gz/2003/06/534.shtml) ao que se adheriron
diversos IMC europeos en distinto grao, contribuíndo ao éxito da
convocatoria.
* Actualmente, a bandeira de Nunca Máis está vencellada a un páxina
multilíngüe que está a ser elaborada como resultado das aportacións dos
distintos IMC da rede Indymedia. O obxecto desta elaboración conxunta é a
difusión ao mesmo tempo da convocatoria de manifestación para o día 16 en
Compostela que dende o IMC se convirte así nunha convocatoria
internacional.

Deste xeito, a bandeira de Nunca Máis permanece como o símbolo do qué é,
dun movemento social heterodoxo, polifónico e colorido, non o dunha
Plataforma como se quixo dar a entender, a falta dunha reacción como a que
provoca esta mensaxe, e para evitar outras máis virulentas que repercutan
máis negativamente no noso movemento.

Ten que ser un dos propósitos de Nunca Máis impedir e denunciar todo
intento de apropriación por parte de calquera colectivo que pretenda
erixirse en voceiro único dun movimento heteroxéneo e polifónico ao que
este IMC quere ofrecer unha vez máis a ferramenta de publicación aberta.



More information about the imc-galiza mailing list